venres, 6 de xuño de 2025

Nieves protagonista

Esta semana Nieves foi a protagonista da clase de 3 anos. Hoxe convidamos a Marta, a súa nai, a vir ao cole a pasar un ratiño connosco, contounos moitas cousas de Nieves e ensinounos a facer un experimento máxico, "A pementa que fuxe". Para a realización do experimento precisamos: Auga, xabón e pementa.
 A pementa neste experimento representa os xermes nas superficies do noso ao redor. Cando nos lavamos as mans, logramos que os xermes se afasten como a pementa do xabón.
Foi moi divertido!! 
 Botade unha ollada...
👀     👀     👀   👀

MARTA, MOITÍSIMAS GRAZAS !!
💜💜💜💜💜💜💜

venres, 9 de maio de 2025

Luna protagonista

Luna foi o protagonista da semana. Polo que o venres convidamos ao seu pai, Juan, que é ilustrador e nos contou varios contos. Pasámolo en grande! Botade unha ollada!

mércores, 7 de maio de 2025

Contacontos personalizado

Hoxe para conmemorar a semana do libro, Emilio, o pai de Tiago, contounos un conto onde fomos todos protagonistas. Encantounos!

luns, 5 de maio de 2025

Parabéns!

Celebración conxunta dos cumples do mes de Abril. Icía e Gabi xa teñen 4 anos. Ay que ver como pasa o tempo... PARABÉNS!

xoves, 1 de maio de 2025

O Maio

Hoxe, o alumnado de 3 anos, colaboramos na elaboración e celebración conxunta do Maio. 2Aquí estamos á volta cos pampullos, para facer cadeneta. 3Botade unha ollada e veredes que nos quedou ben bonito...

venres, 25 de abril de 2025

Icía protagonista

ESTA SEMANA A PROTAGONISTA FOI ICÍA. HOXE TIVEMOS A VISITA DE BERTA, A SÚA NAI E DE FRAN, O SEU PAI.
QUE NOS CONTARON UN CONTO E MOITAS COUSAS DE ICÍA. TAMÉN NOS AXUDARON A PLANTAR AMORODOS, QUE COIDAREMOS CON MOITO AGARIMO.

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...