Esta semana Nieves foi a protagonista da clase de 3 anos. Hoxe convidamos a
Marta, a súa nai, a vir ao cole a pasar un ratiño connosco, contounos moitas
cousas de Nieves e ensinounos a facer un experimento máxico, "A pementa que
fuxe". Para a realización do experimento precisamos: Auga, xabón e pementa.
A pementa neste experimento representa os xermes nas superficies do noso ao redor.
Cando nos lavamos as mans, logramos que os xermes se afasten como a pementa do xabón.
Foi
moi divertido!!
Botade unha ollada...
👀 👀 👀 👀
Ningún comentario:
Publicar un comentario