xoves, 30 de abril de 2020

Lava

Ola amiguiñas e amiguiños!!!

Sabedes que ...
O volcán Etna, o máis grande de Europa, entrou en erupción hai uns días.


Vos sabedes que é un volcán???

Mírade este vídeo no que volo explican

E agora, que xa sabedes moitísimas cousas dos volcáns, animádevos e facede un debuxo dun volcán para as vosas titoras, incluso poderes escribir o nome das partes do volcán, e enviádello por email.

Ademáis, como esta fin de semana é moi longa, podedes aproveitar tamén para facer un experimento na casa coa axuda dun adulto.
Neste vídeo veredes como facer un volcán caseiro.


 Animádevos a facelo, tedes moitos días...
E mandade ás vosas titoras as fotos do experimento!!!

Boa fin de semana!!!
Ata o martes!!
Biquiños de fresa 😘😘😘😘😘 


E VELAQUÍ OS VOSOS DEBUXOS
ENCANTÁRONNOS!!
BO TRABALLO!!
🤩🤩🤩












E VELAQUÍ OS VOSOS VOLCÁNS CASEIROS
QUE CHULADA!!




 
 



mércores, 29 de abril de 2020

COCIÑANDO SERIES

BO DÍA PEQUERRECH@S!
A QUE NON SABEDES QUEN APARECEU
 POLA MIÑA CASA? 
LÚA !!

 FIXO UN TRUCO DE MAXIA E ESTÁ COMIGO.
SABEDES O QUE ESTÁ A FACER AGORA?
ENREDANDO POLA COCIÑA.
GÓSTALLE MOITO FACER SERIES CO QUE ATOPA,
 EN FIN, MÁIS BEN CO QUE LLE DEIXO
 PORQUE  A  ELA   "SÉRVELLE   TODO”:  
      FROITAS, LEGUMES, CUBERTOS, ...   
MIRADE O QUE TAL FIXO COS TAPÓNS PARA RECICLAR
E  COAS PINZAS DA ROUPA...
IGUAL QUE FACIAMOS NA CLASE MOITAS VECES
 NA ASEMBLEA: 
  NENO, NENA, NENO, NENA, NENO, NENA,... 
 LEMBRADES?
MIRADE  ESTA  OUTRA  SERIE  QUE  FIXEMOS:
NENO, NENO, NENA, NENA, NENO, NENO...
       PROBADE  AGORA  VOS!     
CON COUSIÑAS QUE HAXA POLA VOSA COCIÑA,
BUENO, "PEDINDO PERMISO".
LÚA QUERE VER COMO FACEDES,
MANDADE FOTOS AMOSANDO AS VOSAS SERIES
 VAISE POÑER A LADRAR DE LEDICIA.
BICOS DE TODAS AS CORES🌈❤️🧡💛💚💙💜
DA PROFE LOLI ❤️❤️❤️💚💚💚❤️❤️❤️
XA ESTÁN A CHEGAR SERIES
😄😄😄😄😄😄😄😄


Números veciños


 Ola amiguiñas e amiguiños!!!

Hoxe propóñovos que fagades un xogo matemático que se chama NÚMEROS VECIÑOS, para que traballedes a serie numérica do 1 ao 9. O máis importante é que o traballedes a nivel manipulativo, primeiro xogando e despois xa o facedes nun folio.


Paso 1: Facede nove tarxetas de papel ou cartolina. E en cada tarxeta escribide os números do 1 ao 9.


Paso 2: Xogade a ordear os números das tarxetas de menor a maior.



Paso 3: Mesturades as tarxetas e escolledes unha ao chou. Despois tedes que buscar os veciños dese número, é dicir, o número anterior e o número posterior. Repetide varias veces con diferentes números.



Paso 4: Por último escribidélle nun folio varios números e que escriba os seus números veciños,o anterior e o posterior.



 E agora, xa estades preparados para facer este xogo, preme no seguinte enlace:




 

Espero que vos guste!!
Agardo as vosas fotos!!
Bicos de fresa
💜💛💚💙💓
A profe Marina 

BO TRABALLO!!
PARABÉNS
👏👏👏















LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...