venres, 24 de abril de 2020

Que medo!!

Ola cativas e cativos!!Ola familias!!
Que tal estades? 
Ánimo que xa é venres!!!

Hoxe imos traballar as emocións a través da arte, concretamente centrarémonos no MEDO.

Para iso, propoñémosvos que faledes coas vosas fillas e fillos sobre este cadro de Edvard Munch que se titula "O GRITO", nun principio non lle digades aos nenos e nenas o título.




Conversade con eles sobre o que ven no cadro, cántas persoas aparecen, que están a facer, onde están, como se sinten e preguntádelle que título lle porían ao cadro e se cren que o pintou un home ou unha muller...

Logo dicídelle que este cadro fixoo un pintor noruego que se chamaba Edvard Munch.
Incluso podedes buscar en internet un mapa e localizar Noruega e ver se está lonxe ou preto de aquí.

 
Falade sobre as cousas que lle dan medo e despois nun folio que escriban, debuxen ou recorten de revistas ... todo o que lles asusta.







Por último, necesitamos que nos mandedes unha foto do voso fillo ou filla, de cintura para arriba, imitando o grito de Munch, coa boca aberta e as mans na cara.

Agardamos os vosos traballiños!!
Mandarllos as vosas titoras por email.

Bicos de fresa para todos e todas
🍓🍓🍓🍓🍓🍓🍓🍓

Que pasedes unha boa fin de semana!!!

VELAQUÍ O VOSO GRITO!!
😱😱😱😱😱😱😱😱


  










Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...