martes, 14 de abril de 2020

Peixiños do mar

XA ESTAMOS DE VOLTA!!
Benvidos e benvidas!!

Que tal esas vacacións na casiña?
Esperamos que xogárades moitísimo e disfrutárades do tempo en familia!!
Agora toca traballar!! 
E para ir quentando motores as mestras de infantil pensamos en compartir convosco un conto chulísimo dun peixe de cores. Haberá peixes coma éste en Pontesampaio?
Este conto se titula "El pez arcoíris".





Despois do conto gustaríanos que fixerades  unha pequena manualidade:



  Nunha cartolina branca en horizontal ou, se non tedes, nun folio branco, debuxades a silueta dun peixe e a repasades con rotulador negro.

  •  Despois podedes facerlle as escamas con témperas de diferentes cores, estampando cun corcho, cunha pataca ou mesmo co dedo.

  •  Os de 4 e 5 anos, non vos esquezades de escribir o título do conto na parte de arriba e de poñer o voso nome abaixo.


Para rematar, como todas e todos somos moi cantareiras e cantareiros,  deixámosvos esta canción que se titula Peixiños do mar, a ver cantos nomes de peixes coñecedes...







Seguro que ides facer uns peixiños fermosísimos!!!
🐟🐠🐡🐟🐡🐠

Non vos esquezades de envíarllos as vosas titoras para publicalos no blog!!


Ata mañá!!

 Bicos 💜💛💚💙💓
VELAQUÍ OS VOSOS TRABALLIÑOS
MOI BO TRABALLO!!
PARABÉNS!!











9














Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...