mércores, 1 de abril de 2020

Silabeando!!

Hoxe propóñovos un xogo moi divertido, que consiste en formar palabras bisílabas, e dicir, de dúas sílabas.
  • O primeiro que tendes que facer é pedirlle axuda a un adulto para facer unhas tarxetas coma éstas, tedes que escribir o mesmo ca min, MIRADE:
  •  Unha vez tedes feitas as tarxetas, practicade coa axuda dun adulto, a ler o que pon en cada unha. 
  • Cando o teñades dominado, xa podedes comezar o xogo e intentar formar palabras xuntando dúas tarxetas. Ánimo, a ver cantas palabras sodes capaces de facer...
  • E por último, podedes escribir nun folio todas as palabras que formastes.
Non vos esquezades de sacar fotos do proceso e mandarmas por email!!

Unha morea de bicos!!
A profe Marina.
😘😘❤💕

E VELAQUÍ OS VOSOS TRABALLIÑOS!!
HOXE ERA UN CHISCO DIFÍCIL!!
ASÍ QUE PARABÉNS!!
SODES UNHAS CAMPIONAS E UNS CAMPIÓNS!
SEGUIDE PRACTICANDO...












Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...