A proposta de hoxe mandouma Sandra e encantoume, por iso quero propoñérvola aos demáis porque estou segura de que a vós tamén vos vai gustar.
PASO 1: Debuxades o polbo. Aínda que nos sabemos que os polbos teñen 8 patas, nós só imos debuxarlle 5 patas porque as outras están escondidas e non se ven.
PASO 2: Na cabeza do polbo escribides unha consoante, poden ser calquera destas: P, L, M ou S, que son as que vimos no cole. Sandra escolleu a S e a M. Con que fagades unha xa chega.
PASO 3: En cada unha das patas do polbo escribides unha vogal: A, E, I, O, U.
PASO 4: Tendes que pensar e escribir en cada pata unha palabra que empece por esa sílaba.
PASO 5: Tedes que facer como facemos no cole, contar as palmadas que damos en cada palabra e escribir o número, así sabemos cantas sílabas ten a palabra.
E agora a traballarrrr!!
💜💛💚💙
Non vos esquezades de mandarme os vosos traballiños!!!
Bicos de fresa para todas e todas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario