mércores, 29 de abril de 2020

Números veciños


 Ola amiguiñas e amiguiños!!!

Hoxe propóñovos que fagades un xogo matemático que se chama NÚMEROS VECIÑOS, para que traballedes a serie numérica do 1 ao 9. O máis importante é que o traballedes a nivel manipulativo, primeiro xogando e despois xa o facedes nun folio.


Paso 1: Facede nove tarxetas de papel ou cartolina. E en cada tarxeta escribide os números do 1 ao 9.


Paso 2: Xogade a ordear os números das tarxetas de menor a maior.



Paso 3: Mesturades as tarxetas e escolledes unha ao chou. Despois tedes que buscar os veciños dese número, é dicir, o número anterior e o número posterior. Repetide varias veces con diferentes números.



Paso 4: Por último escribidélle nun folio varios números e que escriba os seus números veciños,o anterior e o posterior.



 E agora, xa estades preparados para facer este xogo, preme no seguinte enlace:




 

Espero que vos guste!!
Agardo as vosas fotos!!
Bicos de fresa
💜💛💚💙💓
A profe Marina 

BO TRABALLO!!
PARABÉNS
👏👏👏















Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...