BOS DÍAS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!
QUE TAL PASÁCHEDES A FIN DE SEMANA?
QUE CHULAS QUEDARON AS MONTAXES DO CADRO DO GRITO COAS VOSAS FOTOS!! ANIMÁDEVOS OS QUE FALTADES! AÍNDA ESTADES A TEMPO!
O VENRES FALÁBAMOS DOS MEDOS, QUE TODOS E TODAS TEMOS NON SI?
MOITAS VECES RONDAN POLA NOSA CABECIÑA DIFERENTES MEDOS E PREOCUPACIÓNS QUE NON NOS DEIXAN DURMIR.
PARA ISTO, TEMOS UNHA BOÍSIMA SOLUCIÓN QUE SEGURO QUE VOS ENCANTA!
ATENTOS AO VÍDEO!!
ALGÚNS SEGURO QUE XA COÑECÍADES AOS SACAPENAS VERDADE?
ESTES BONECOS TEÑEN A SÚA ORIXE EN GUATEMALA E COMO VOS EXPLICAN NO CONTO, SERVEN PARA QUE NOS GARDEN OS NOSOS MEDOS E PREOCUPACIÓNS, E ASÍ PODER DURMIR TRANQUILIÑOS.
QUE VOS PARECE SE FABRICAMOS OS NOSOS PROPIOS SACAPENAS?
EU XA FIXEN O MEU!! É MOI FÁCIL E DIVERTIDO!!
NECESITADES:
-UN ROLIÑO DE PAPEL HIXIÉNICO OU UN PEDACIÑO DE CARTÓN, EU COLLÍN UN DUNHA CAIXIÑA DE CEREAIS. TAMÉN PODEDES FACER O CORPO CON DEPRESORES OU CALQUER COUSIÑA QUE ATOPEDES POLA CASA.
- BASTONCILLOS DOS OIDOS, PAUCIÑOS DE BROCHETA, ... PARA FACERLLE OS BRAZOS E AS PERNAS.
- PARA VESTIR AO NOSO SACAPENAS PODEMOS EMPREGAR LÁS DE CORES, CINTAS, PAPEL ADHESIVO DE CORES, LIMPAPIPAS, PAPEL DE REGALO, CARTULINAS...
- DEBUXÁMOSLLE UNHA CARIÑA BEN CONTENTA, XA QUE OS SACAPENAS SON OS NOSOS AMIGOS E QUEREN AXUDARNOS!!
- UN POUCO DE LÁ PARA O SEU CABELO...
E LISTO!! AQUÍ TENDES O RESULTADO!!
QUEDOU CHULO VERDADE?
PODEDES CREAR O VOSO SACAPENAS COMO QUEIRADES, XA SABEDES QUE NOS ENCANTA QUE DEIXEDES VOAR A VOSA IMAXINACIÓN!!!
POÑÉDEVOS MANS Á OBRA E ENVIÁDENOS AS FOTIÑOS DO RESULTADO!!
E ESTA NOITE, NON ESQUEZADES METELO BAIXO A ALMOFADA ANTES DE DURMIR.
BICOS XIGANTES DE TODAS AS CORES!!💙💚💛💜💖
COMEZAN A CHEGAR OS VOSOS FERMOSOS SACAPENAS!!!
MOI BO TRABALLO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario