BOS DÍAS A TODOS E A TODAS!!
HOXE IMOS A REPASAR OS NÚMEROS DO 1 AO 10 XOGANDO COA
RECTA NUMÉRICA.
O PRIMEIRO QUE TENDES QUE FACER É ELABORAR A VOSA.
PODEDES ELEXIR ENTRE ESTAS DÚAS VARIANTES:
- ELABORAR UNHA ALFOMBRA DE NÚMEROS: PARA ISTO TENDES QUE ESCRIBIR EN DIFERENTES CARTULINAS OU CARTÓNS OS NÚMEROS DO 1 AO 10 E PEGALOS NO CHAN PARA QUE NON RESBALEN CANDO XOGUEMOS CON ELES, COMO NESTA IMAXE. SE TENDES NA CASA UNHA ALFOMBRA CON NÚMEROS DE GOMAESPUMA PODEDES USALA.
- ELABORAR UNHA RECTA NUMÉRICA DE MESA, COMO AS QUE TEMOS NA CLASE. PARA ISTO SO TENDES QUE ESCRIBIR OS NÚMEROS DO UN AO 10 E SEPARALOS EN PARCELIÑAS, COMO NESTA IMAXE:
UNHA VEZ FEITA A NOSA RECTA NUMÉRICA, XA PODEMOS XOGAR!!!
DESPLAZARÉMONOS SOBRE ELA DE DIFERENTES FORMAS! (BEN NOS MESMOS, SE EMPREGAMOS A ALFOMBRA DO CHAN, OU BEN CON ALGÚN XOGUETE PEQUENIÑO SE ELEXIMOS A RECTA NUMÉRICA DE MESA).
- CONTAREMOS DO 1 AO 10, DANDO SALTIÑOS SOBRE OS NÚMEROS.
- FAREMOS A RETROCUENTA, CONTÁNDOOS AO REVÉS.
- SALTAREMOS DE 2 EN 2, DE 3 EN 3...
- TIRAMOS UN DADO E COLOCÁMONOS SOBRE O NÚMERO QUE TOQUE. CAL TEMOS DIANTE? E DETRÁS?
- SE ESTOU NUN NÚMERO E DOU "X" SALTOS, A CAL CHEGO?
- SE ESTOU NUN NÚMERO E QUERO CHEGAR A OUTRO, CANTOS SALTOS TEÑO QUE DAR?
- SE ESTOU NO NÚMERO 5 E QUERO CHEGAR AO 1, HACIA ONDE TEÑO QUE SALTAR? CANTOS SALTOS?
E ASÍ CON TODAS AS VARIANTES QUE SE NOS OCORRAN!!
AXUDARANOS A APRENDER OS NÚMEROS, A SÚA ORDE, CAL É MAIOR, MENOR, A SUMAR, RESTAR, REPASAREMOS AS SÚAS GRAFÍAS...
E TODO ISTO XOGANDO! QUE SIN DÚBIDA É A MELLOR FORMA DE APRENDIZAXE!
CANDO ESTEMOS CANSOS DE XOGAR COA NOSA RECTA, LOCALIZAREMOS OS VECIÑOS DOS NÚMEROS: QUÉ NÚMERO VAI ANTES? E DESPOIS? ESCRIBÍDEOS NUN PAPEL, PARA SEGUIR PRACTICANDO AS SÚAS GRAFÍAS.
ENVIÁDEME AS FOTOS AO CORREO XOGANDO COAS VOSAS RECTAS E DOS VECIÑOS DOS NÚMEROS!
UN BICO XIGANTE PARA TODOS E TODAS!!💕💕
A PROFE SAMAI.
COMEZAN A CHEGAR OS RESULTADOS! MOI BO TRABALLO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario