xoves, 16 de abril de 2020

EN BUSCA DAS FORMAS XEOMÉTRICAS

BOS DÍAS MEUS PEQUERRECHOS E PEQUERRECHAS!!
AÍNDA QUE AGORA XA PODO DICIR MEUS CHICOS E CHICAS MAIORES!! 
COMO MEDRÁCHEDES NESTOS DÍAS!! ENCÁNTAME VERVOS COS VOSOS TRABALLIÑOS!!

HOXE VOUVOS A PROPOÑER UN XOGO QUE FACEMOS NO COLE E VOS GUSTA MOITO. IMOS A REPASAR AS FORMAS XEOMÉTRICAS!

PARA RECORDALAS, DÉIXOVOS UN VÍDEO QUE SEI QUE VOS VAI ENCANTAR!


O QUE TEDES QUE FACER É O SEGUINTE: 

- REPARTIDES UN FOLIO EN BRANCO EN CATRO PARTES.
- ESCRIBIDES EN CADA UNHA O NOME DE CADA FIGURA E DEBUXÁDELA.
- DESPOIS TEDES QUE BUSCAR POLA VOSA CASA DIFERENTES OBXECTOS QUE TEÑAN ESAS FORMAS.
- CANDO OS ATOPEDES, NO RECADRO DE CADA UNHA DELAS ESCRIBIDES O NOME (EN PEQUENIÑO, COMO MAIORES), E DEBUXADES O OBXETO. 




CANTAS COUSIÑAS ATOPÁCHEDES CON CADA UNHA DAS FORMAS?

POÑÉDEVOS MANS Á OBRA E ENVIÁDEME AS FOTOS AO CORREO!! 
UN ACHUCHÓN MOI FORTE PARA TODOS E TODAS!!💗💗

COMEZAN A CHEGAR OS VOSOS TRABALLIÑOS!! 👏


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...