xoves, 2 de abril de 2020

Globos azuis polo autismo!!

Hoxe, 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación do Autismo e ás mestras de Educación Infantil parécenos moi importante a sensibilización do alumnado cara este tema, xa que no cole temos algúns casos e para nós é fundamental educar no respeto á diversidade, xa que todas e todos somos diferentes!!

Por iso vos propoñemos que o traballedes na casa cos vosos fillos e fillas do mesmo xeito que o fariamos no cole.

Para que llo expliquedes queremos compartir convosco este vídeo:



Despois de falar coas nenas e nenos sobre o vídeo, podedes facer unha pequena manualidade para pór nos vosos balcóns ou nas vosas fiestras.

Esta manualidade consiste en debuxar nun folio ou nunha cartolina un globo e dentro do globo debuxades un corazón coma éste. O globo que o pinten de azul:
Esperamos os vosos globos!!
Mandádellos as vosas titoras por email!!
Unha aperta
As mestras de infantil
💙💙💙💙💙💙💙💙💙💙

E por se vos animades a participar, queremos compartir con vós esta outra proposta...










Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...