luns, 16 de xuño de 2025

Tiago protagonista

 Tiago é o protagonista da semana. Hoxe viñeron pasar un ratiño connosco os seus pais, Emilio e Bea.

Na casa Emilio fabricou dous taladros antigos manuais  e ensinounos como funcionaban.

 




De agasallo, Emilio,  coa axuda de Tiago fixo uns colares de cunchas 
para nós.
Mirade que bonitos e que guapos e guapas estabamos...

Con Bea fixemos un obradoiro de decoración de camisetas. 













E, como vedes, quedáronnos unhas camisetas personalizadas chulísimas.
Moitísimas grazas familia por vir, pasámolo en grande!!
💚💚💚💚💚💚💚💚💚

venres, 6 de xuño de 2025

Nieves protagonista

Esta semana Nieves foi a protagonista da clase de 3 anos. Hoxe convidamos a Marta, a súa nai, a vir ao cole a pasar un ratiño connosco, contounos moitas cousas de Nieves e ensinounos a facer un experimento máxico, "A pementa que fuxe". Para a realización do experimento precisamos: Auga, xabón e pementa.
 A pementa neste experimento representa os xermes nas superficies do noso ao redor. Cando nos lavamos as mans, logramos que os xermes se afasten como a pementa do xabón.
Foi moi divertido!! 
 Botade unha ollada...
👀     👀     👀   👀

MARTA, MOITÍSIMAS GRAZAS !!
💜💜💜💜💜💜💜

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...