luns, 16 de xuño de 2025

Tiago protagonista

 Tiago é o protagonista da semana. Hoxe viñeron pasar un ratiño connosco os seus pais, Emilio e Bea.

Na casa Emilio fabricou dous taladros antigos manuais  e ensinounos como funcionaban.

 




De agasallo, Emilio,  coa axuda de Tiago fixo uns colares de cunchas 
para nós.
Mirade que bonitos e que guapos e guapas estabamos...

Con Bea fixemos un obradoiro de decoración de camisetas. 













E, como vedes, quedáronnos unhas camisetas personalizadas chulísimas.
Moitísimas grazas familia por vir, pasámolo en grande!!
💚💚💚💚💚💚💚💚💚

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...