Ola parruliños e parruliñas!!
Que tal estades?
😀😀😀😀
E as fabas que prantastes... MEDRARON??
Acordástesvos de ir medindo as vosas prantiñas co paso dos días e anotando as medidas nun rexistro?
Espero que sí... porque hoxe, coa axuda dun adulto, imos facer un gráfico de barras do crecemento da vosa pranta.
É moi sinxelo!!
Necesitades unha táboa así:
E agora coas medidas que anotastes a ides cubrindo, non fai falta que escribades a data.
Por exemplo, a primeira vez que medín a miña pranta foi o día 5/5/20 e medía 2 cm, así que teño que colorear dous cadradiños, así:
A segunda vez que a medín foi o día 8/5/20 e medía 5 cm, entón conto e coloreo 5 cadradiños, así:
E seguimos así con tódalas medidas, escollendo para cada día unha cor diferente.
A traballar!!!!
😍😍😍😍😍😍😍😍
Agardo a vosa gráfica de barras e non vos esquezades de pór debaixo o voso nome.
Sacádevos unha foto coa pranta e enviádema tamén.
Bicos de fresa da profe Marina.
PARABÉNS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario