martes, 19 de maio de 2020

O número remolón


BO DÍA PEQUERRECH@S!
TEÑO A LÚA UN POUCO TRISTEIRA, 
 AÍNDA ESTÁ A ESPERAR QUE LLE CONTEDES CANTAS VECES APARECÍA O SEU NOME NA ENTRADA DE "ENREDANDO NA COCIÑA".
PARA ENTRETELA FÍXENLLE O TRUCO DE ONTE, E XA QUEDOU CONTENTA
AGORA VOULLE PREPARAR UN XOGO PARA QUE ENREDE UN RATIÑO SOA.
NECESITO UN OBXECTO QUE TEN FORMA DE CUBO E QUE TEÑA SEIS CARAS CADRADAS.
AÍNDA QUE IGUAL NON CAEDES 😕
SEGURO QUE O TENDES NA CASA
 TEN NÚMEROS, É IMPRESCINDIBLE PARA PODER XOGAR EN MOITÍSIMOS XOGOS DE MESA E... CANDO IDES XOGAR... AS VECES NON ESTÁ NO SEU SITO.
MOI BEN!, O DADO.
VEDES O IMPORTANTE QUE É RECOLLER SEMPRE DESPOIS DE XOGAR?
FIXEN CUN CADRO NO QUE APARECEN OS NÚMEROS DO 1  AO  6.  


IMOS XOGAR UN RATO CON ESTA TÁBOA, MOI DOADA DE FACER, E CUN DADO.
O XOGO CONSISTE EN IR TIRANDO O DADO E CANDO PARE FACEMOS UNHA RAIA ONDE ESTEA ESE MESMO NÚMERO, AO LADO.

TRÁTASE DE VER AO IR TIRANDO  CAL É O ÚLTIMO NÚMERO EN SAÍR, O REMOLÓN.
UNHA VEZ QUE COMECEDES, NON ESQUEZADES MARCAR CON RAIAS TODOS OS NÚMEROS QUE SAIAN.
XA ME CONTAREDES CAL FOI O NÚMERO GAÑADOR.
SERÁ O MESMO PARA TOD@S VÓS?
 E SE O FACEDES MÁIS DUNHA VEZ SERÁ OUTRO NÚMERO?
FACEDE UN DEBUXO DO NÚMERO GAÑADOR COMO BEN QUEIRADES.
MANDÁDELLE A LÚA UNHA FOTO NA QUE APAREZA A VOSA TÁBOA E O DEBUXO DO VOSO NÚMERO GAÑADOR.
A PROFE LOLI QUÉREVOS MOITO💖😍😍
BICOS DE TODAS AS CORES PARA VÓS🌈💜💛💚💗💙

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...