OLA NENAS E NENOS!!!
Hoxe, coa axuda dun adulto, ides facer o xogo do TRES EN RAIA con material de refugallo que teñades por casa, aquí vos deixo un vídeo explicativo para que saibades como facelo.
Se non tedes fieltro ou goma eva podedes facelo cun cartón ou cartolina e con cinta adhesiva decorativa "Washy tape".
E xa tedes listo o taboleiro!!
As fichas podedes facelas con pedras e pintalas con témpera sólida como no vídeo, que quedan moi chulas, pero se non tedes podedes usar calquera outra cousa que teñades por casa, por exemplo: tapóns de plástico de dúas cores diferentes...
Úsade a vosa imaxinación.
Todo serve!!!
Unha vez o teñades listo a XOGAR...
Só poden xogar dúas persoas, xogando cada unha coas fichas da mesma cor. Gaña a partida o xogador que coloque tres fichas en raia.
Agardo as vosas fotos!!!
MOREAS DE BICOS DE FRESA PARA TODOS E TODAS DA PROFE MARINA
E VELAQUÍ OS VOSOS XOGOS!!
ESTOU DESEXANDO BOTARVOS UNHA PARTIDIÑA A ESTE XOGO TAN DIVERTIDO...
😉😉😉😃😃😃😃❤🧡💚💙💜😘😘😘😘😘😘
Ningún comentario:
Publicar un comentario