BOS DÍAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!
XA SABEMOS O IMPORTANTE QUE É A AUGA PARA A VIDA: PARA O SER HUMANO, PARA OS ANIMAIS, E PARA TODOS OS SERES VIVOS DO NOSO PLANETA!
E O IMPORTANTE QUE É FACER UN CONSUMO RESPONSABLE DA MESMA, EVITANDO MALGASTALA E CONTAMINALA.
PERO...SABEDES CAL É O CICLO DA AUGA???
AS GOTIÑAS DE AUGA FAN UN LONGO PERCORRIDO PASANDO POR DIFERENTES ESTADOS. ATENTOS A ESTE VÍDEO!!!
COMO VEDES, AS GOTIÑAS DE AUGA ATÓPANSE CONSTANTEMENTE VIAXANDO!
QUEREDES FACER UN EXPERIMENTO NO QUE OBSERVEDES ESTE PROCESO POLO QUE PASA A AGUA???
SOAMENTE NECESITADES:
UNHA BOLSIÑA ZIP COMO A QUE UTILIZÁCHEDES PARA AS FABAS MÁXICAS.
UN ROTULADOR.
AUGA.
E SE QUEREDES QUE ESTA SEXA AZUL, UN POUQUIÑO DE COLORANTE!
DEBUXADE NA VOSA BOLSIÑA O MESMO QUE NESTA IMAXE:
NA PARTE INFERIOR DEBUXAMOS O MAR.
NA PARTE SUPERIOR: O SOL, UNHA NUBE E A CHOIVA.
DEBUXAMOS NO LADO ESQUERDO UNHAS FLECHIÑAS ASCENDENTES, E NO DEIREITO, AO LADO DA CHOIVA, UNHAS FLECHAS DESCENDENTES.
PODEDES ESCRIBIR TAMÉN O NOME DOS DIFERENTES PROCESOS POLOS QUE PASAN AS GOTIÑAS DE AUGA, COMO ESTÁ NA IMAXE E VOS EXPLICAN NO VÍDEO.
UNHA VEZ PREPARADA A BOLSIÑA, BOTÁMOSLLE UN POUQUIÑO DE AUGA.
PEGÁMOLA BEN CERRADA NUNHA VENTÁ SOLEADA DA NOSA CASA, E SOAMENTE NOS QUEDA ESPERAR A QUE AS DIFERENTES GOTIÑAS DE AUGA COMECEN O SEU PERCORRIDO!!!
PODEREDES OBSERVAR COMO VIAXAN AS GOTIÑAS DENDE QUE SE EVAPORAN DO MAR E ASCENDEN EN FORMA DE VAPOR, ATA QUE SE CONDENSAN EN FORMA DE GOTAS NAS NUBES E BAIXAN FINALMENTE Á TERRA COMEZANDO DE NOVO.
INTERESANTE NON SI??
ENVIÁDENOS AS FOTIÑOS DAS BOLSIÑAS PARA O VOSO EXPERIMENTO!
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO CON ÉL!
DÉIXOVOS POR AQUÍ UN VÍDEO QUE SEGURO QUE VOS ENCANTA!!
BIQUIÑOS XIGANTES DE TODAS AS CORES!!! 💧💧💜💙
A PROFE SAMAI.
VELAQUÍ AS VOSAS BOLSIÑAS PARA O EXPERIMENTO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario