BOAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!
HOXE IMOS A CELEBRAR UN DÍA MOI ESPECIAL POSTO QUE ESTE DOMINGO, DÍA 17 DE MAIO É O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
TODOS OS ANOS ADICAMOS ESTE DÍA PARA HOMENAXEAR A DIFERENTES ESCRITORAS E ESCRITORES NA NOSA LINGUA.
COMEZAMOS A CELEBRAR ESTE DÍA NO ANO 1963 PARA CONMEMORAR A PUBLICACIÓN DO LIBRO DE ROSALÍA DE CASTRO "CANTARES GALLEGOS".
A QUE TODOS COÑECEDES A ROSALÍA?
ESTIVÉMOLA ESTUDANDO NO COLE E ADICÁMOSLLE UN DÍA ESPECIAL!!
ESTE ANO TÓCALLE O TURNO A RICARDO CARVALLO CALERO. SE QUEREDES COÑECELO UN POUCO MELLOR DÉIXOVOS O ENLACE A ESTAS PÁXINAS NAS QUE ATOPAREDES DIFERENTES XOGOS E ACTIVIDADES SOBRE O AUTOR.
PREMEDE SOBRE ELAS PARA ACCEDER AOS DIFERENTES CONTIDOS.
PERO NON HAI MELLOR FORMA DE CELEBRAR O DÍA DA NOSA LINGUA QUE FALÁNDOA, VERDADE?? ADEMÁIS TEMOS A SORTE DE TER UNHA CHEA DE PALABRAS FERMOSAS EN GALEGO: SORRISO, MORRIÑA, APERTA, AGARIMO...
POR COMO SOAN, POLO QUE SIGNIFICAN, POLOS RECORDOS QUE NOS TRAEN...
PINCO PROPUXO NO SEU BLOG UNHA ACTIVIDADE Á QUE QUEREMOS UNIRNOS DENDE AQUÍ NA QUE TEREDES QUE PENSAR CAL É A VOSA PALABRA FAVORITA EN GALEGO E ESCRIBILA NUN FOLIO DECORADA BEN BONITA!!
PODEDES FACERLLE UN MARCO CHULO, EMPREGAR DIFERENTES MATERIAIS PARA ESCRIBILA: CON PINTURAS, RECORTES, BOTÓNS, MACARRÓNS, ...
O QUE SE VOS OCORRA!
DÉIXOVOS AQUÍ IDEAS DE LETRAS CON DIFERENTES MATERIAIS:
POÑÉDEVOS MANS Á OBRA E ENVIÁDENOS AS VOSAS CREACIÓNS!
IMOS ENCHER O NOSO BLOG DE FERMOSAS VERBAS NA NOSA LINGUA!
PARA REMATAR, DÉIXOVOS UNHA CANCIÓN CHULÍSIMA PARA CELEBRAR ESTE DÍA!!!
BICOS XIGANTES PARA TODAS E TODOS!! 💙💗💛💚💜
E COMEZAN A CHEGAR AS PRIMEIRAS PALABRAS FERMOSAS!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario