BOS DÍAS PEQUERRECH@S!!
HOXE É 28 DE MAIO E CELEBRAMOS O DÍA DA NUTRICIÓN.
NO PRIMEIRO TRIMESTRE APRENDEMOS MOITÍSIMAS COUSAS SOBRE O IMPORTANTE QUE É TER UNHA ALIMENTACIÓN SAUDABLE E LEVAR UNHA DIETA EQUILIBRADA, VARIADA E MODERADA PARA MEDRAR SANS E FORTES.
ADEMÁIS, XA SABEMOS QUE COMER DE FORMA SAUDABLE É MOI DIVERTIDO!
E SENON, XA VEREDES!! MOI ATENTOS A ESTA RECEITA QUE VOS PROPOÑEMOS!!
ESTOS DÍAS ESTÁ FACENDO MOITÍIIIISIMA CALOR!
PARECE QUE XA ESTAMOS NO VERÁN!!
E QUE NOS APETECE CANDO FAI TANTA CALOR??
XEADOS!!
E SE SON DE FROITAS, MELLOR!!🍦🍦
PREPARADE OS VOSOS TRAXES DE COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS E MANS Á OBRA!!
NECESITAMOS (PARA 4 XEADOS):
10 FRESAS
1 PLÁTANO
MEDIO VASO DE ZUMO DE FROITA (SE É NATURAL, MELLOR!)
LAVAMOS BEN AS FRESAS E QUITÁMOSLLE AS FOLLAS, PELAMOS O PLÁTANO E CORTÁMOLO EN PEDACIÑOS. INTRODUCIMOS TODO NUNHA LICUADORA E BOTÁMOSLLE O VASO DE ZUMO. TRITURAMOS BEN ATA QUE NON QUEDE NINGÚN PEDACIÑO DE FROITA. LOGO VERTEMOS O LÍQUIDO NUN MOLDE E METÉMOLO NO CONXELADOR DURANTE MÍNIMO 2 HORAS,... E LISTO!!
XA TEMOS OS NOSOS XEADOS SAUDABLES PARA DISFRUTAR NESTES DÍAS TAN CALUROSOS!!
ADEMÁIS ESTÁN BOÍSIMOS!!😋😋
MMMM... TEÑEN BOA PINTA, VERDADE??
ESPERAMOS QUE DISFRUTEDES MOITO FACENDO ESTES RICOS XEADOS!!
SE ALGÚN DE VOS SABE OUTRA RECEITA DE XEADOS SAUDABLES E A QUERE COMPARTIR CONNOSCO, PODEDES ENVIALA AO CORREO DAS MESTRAS E COMPARTIRÉMOLA POR AQUÍ!
ESTAMOS DESEXANDO VER AS VOSAS FOTIÑOS DISFRUTANDO DESTES RICOS XEADOS!! 🍦🍦
BIQUIÑOS XIGANTES XIGANTES!!
FELIZ XOVES!!
A PROFE SAMAI.💜💜💜
XA TEMOS AS FOTOS DOS VOSOS RIQUÍSIMOS XEADOS!! QUE BOA PINTA!!
SOFÍA ANIMOUSE A FACER UNS XEADOS DE SANDÍA CON FORMA DE CORAZÓN!!
QUEDÁRONLLE XENIAL!! MMMM... QUE FRESQUIÑOS!
Ningún comentario:
Publicar un comentario