BO DÍA CATIVAS E CATIVOS!!
🙋🙋🙋🙋
A semana pasada fixestes uns debuxos preciosos de Elmer, lembrádesvos?
Pois vouvos contar un segredo!!
A persoa que debuxou por primeira vez a Elmer inspirouse nos cadros deste pintor que se chamaba PAUL KLEE.
A este pintor o chamaban o pintor da cor, porque encántáballe pintar e debuxar con moitísimas cores.
E A VOS?
GÚSTAVOS PINTAR DE MOITAS CORES?
Ollade algúns dos seus cadros...
Vos que pensades?
Parécensevos a Elmer?
Mírade éste é o que máis me gusta!!!
Conversade cos nenos e nenas sobre o que ven no cadro, das cores que aparecen no mesmo...
Pensades que PAUL KLEE se debuxou a sí mesmo?
Acábaseme de ocorrer unha idea!!!
😊😊😊😊😊😃😃😃😃😄😄😄😄
Imos debuxarnos igual que PAUL KLEE.
O primeiro que hai que facer é recortar papeliños cadrados de diferentes cores...
E despois nun folio hai que facer un collage pegando todos os cadradiños que recortastes.
Por último, cun rotulador negro vos debuxades encima dos cadradiños.
E listo!!!
Xa tedes o voso AUTORRETRATO!!
Non vos esquezades de enviarllo a vosa mestra!!
😻😻😻😻😻😻😻😻😻
Biquiños de fresa para tod@s da profe Marina!!!
💚💙💜💛💕💕💋💋💋💋💋
Ningún comentario:
Publicar un comentario