xoves, 7 de maio de 2020

DEBUXAMOS CON FORMAS

BOS DÍAS MEUS AMORES!!! QUE TAL ESTADES??
HOXE IMOS A FACER UNHA ACTIVIDADE MOI DIVERTIDA NA QUE TEMOS QUE ESTAR SUPER ATENT@S E CONCENTRAD@S!!! 

CANTAS FIGURAS XEOMÉTRICAS VEDES NESTOS DEBUXOS??






O QUE TEDES QUE FACER É O SEGUINTE:

- OBSERVADE CON MOITA ATENCIÓN OS DEBUXOS.
- ESCRIBIDE NUN FOLIO O NOME DO DEBUXO QUE ELEXÍCHEDES, POR EXEMPLO: ROBOT
- ANOTADE O NOME DE CADA FIGURA E AO LADO ESCRIBIDE O NÚMERO QUE ATOPÁCHEDES DA MESMA, POR EXEMPLO: CÍRCULOS → 2

ESTADE MOI ATENTOS E ATENTAS!! 
PODEDES ELEXIR O DEBUXO QUE QUEIRADES, FACER 1, 2 OU TODOS!! 
E NESTE DEBUXO? É UN POUCO MÁIS DIFÍCIL VERDADE?



ANIMÁDESVOS A FACER OS VOSOS PROPIOS DEBUXOS CON FORMAS XEOMÉTRICAS???

DEBUXADE FORMAS EN DIFERENTES PAPEIS DE REFUGALLO: FOLLAS DE XORNAL, REVISTAS, PAPEIS DE REGALO, CARTULINAS DE CORES... PODEDES EMPREGAR PLANTILLAS (TAPAS DE BOTES, OBXECTOS QUE TEÑAMOS POLA CASA DE DIFERENTES FORMAS: CADRADAS, RECTANGULARES,...) O QUE SE VOS OCORRA! 

DEIXADE VOAR A VOSA IMAXINACIÓN E ENVIÁDEME AS FOTIÑOS AO CORREO!
ESTOU DESEXANDO VER AS VOSAS ARTISTADAS!!

DÉIXOVOS POR AQUÍ UN POUQUIÑO DE INSPIRACIÓN:




BIQUIÑOS XIGANTES PARA TODOS E TODAS!!💜💜💜
A PROFE SAMAI.


COMEZAN A CHEGAR OS VOSOS TRABALLIÑOS!! 👏👏👏






Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...