Ola meus churumbeles!!
Que tal estades?
Hoxe, vouvos propoñer unha actividade coas vogais, que me suxeriu o voso compañeiro LEO.
Antes de nada imos repasar con estas cancións, que vos poñía no cole, cales son esas letras. Estade ben atentos, cos olliños moi ABERTOS...
Agora que xa recordades cales son as vogais, mirade se no voso nome tedes algunha destas letras.
Eu no meu nome MARINA teño 3.
E ti? 😉😉
Nun folio escribe o teu nome e rodea as vogais, cóntaas e escribe ao lado o número.
Ai si!!
Unha última cousa moi importante...
Necesito a vosa axuda!!!
No País das Letras levantouse tanto vento que o rei U, a raíña A e os seus fillos, a princesa I, a princesa O e o príncipe E saíron voando...
A ver se sodes capaces de volvelos a poñer no seu sitio nestas palabras. É unha tarefa super importante porque senón non se poden ler as palabras.
Axudádeme!!
P__ T_________
__ V__S
__S__
S__P__
M__N
Agora a traballar!!!
Nun folio podedes facer os debuxos, pedídelle axuda a un adulto, e logo, colorealos e escribide as palabras.
Espero os vosos traballiños!!
Bicos de fresa para todos e todas!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario