QUE TAL ESTADES?
POLO QUE ME DECIDES MOI BEN, AGORA QUE XA PODEDES SAÍR
COMO SABEDES O VOSO NOME, LÚA TAMÉN QUERÍA FACER O SEU, PERO
TIÑA UN PROBLEMA.
SABEDES O QUE LLE PASABA?
CLARO QUE SI!
QUE É UNHA CADELIÑA E COMO NON TEN DEDOS, NON DABA COLLIDO O LAPIS.
POBRIÑA! BUSQUEI ESTE VÍDEO NA INTERNET PARA QUE VIRA UN CONTO QUE TÍTULO IGUAL
QUE O SEU NOME:
LÚA! OLLADE
AO TEMPO QUE MIRABA E ESCOITABA E TAMÉN CANTABA CO CONTO,
APROVEITEI PARA PINTAR UNHAS LETRAS NUNS TAPÓNS.
CASE TODO TEN UNHA SOLUCIÓN.
OLLADE COMO FIXO O SEU NOME
AÍ A TEDES, PINTEILLE UNHAS CANTAS LETRAS CUN ROTULADOR PERMANENTE NOS TAPÓNS E FOI QUEN DE ATOPAR
AS SÚAS LETRAS.
EMPURROUNAS DIANTE SÚA COAS PATAS E AMOSOUME O SEU NOME.
QUE VOS PARECE SE COAS LETRAS E OS TAPÓNS PROBADES A POÑER O
VOSO NOME?
LÚA TEN AO SEU REDOR TODAS AS LETRAS QUE PRECISA PARA POÑER O
NOME DE TODOS E TODAS VÓS.
AGORA ESPERO VERVOS A VÓS COS VOSOS NOMES DIANTE E COMO NON
SODES NIN CANS, NIN CADELAS E TEDES DEDOS POÑER O VOSO NOME XUNTO OS TAPÓNS.
A VER CANTOS DOS VOSOS NOMES VOS ACORDAN
AGARDO AS VOSAS FOTOS.
AGARDO AS VOSAS FOTOS.
OUTRO DIA FACÉMOLOS CON PINZAS DE MADEIRA.
ATA PRONTO!
BICOS DE
TODAS AS CORES PARA VÓS🌈💜💛💚💗💙
DA PROFE LOLI
Ningún comentario:
Publicar un comentario