xoves, 14 de maio de 2020

En busca dos números



BO DÍA PEQUERRECH@S!

 ONTE CONTEILLE A LÚA O CONTO "CINCO" DA EDITORIAL KALANDRAKA.
AQUÍ TEDES UN VÍDEO QUE PREPARARON NO CEIP Quiroga Palacios  CO QUE PODEDES CANTAR E  APRENDER ALGÚN NOME EN LINGUA DE SIGNOS 
CHULO, VERDADE? AGORA VÓS PODEREDES CANTAR SEN FACER RUIDO😜
SABEDES O QUE ME PASA AGORA? 
 LÚA NON PARA DE CANTAR, DE CONTAR
 E DE BUSCAR NÚMEROS POR TODAS PARTES.
CANDO A LEVO DE PASEO XOGA COMIGO 
A BUSCAR NÚMEROS NA RÚA.
   HAI  MOITOS,  MOITÍSIMOS!  MAIS AS VECES NON REPARAMOS NELES.
OS QUE MÁIS LLE GUSTAN SON O 1, O 2 E O 3
A MAIA TAMÉN LLE GUSTAN, MIRADE COMO OS REPASA
 CANDO APRENDEMOS A FACELOS É MOI IMPORTANTE SEGUIR MOI BEN O CAMINIÑO DE CADA NÚMERO,
 COMO SE FIXERADES UN PASEO COA BICI OU CO PATINETE.
PROBADE A SEGUIR VÓS O CAMIÑO CO DEDO.
SEÑOR  UNO
SEÑOR  DOS
SEÑOR  TRES
SABEDES FACER COMO LÚA? SEGURO QUE SI!!
QUE VOS PARECE SE BUSCADES COMA ELA ONDE HAI NÚMEROS AGACHADOS?
MIRADE POLA CASA, POLA RÚA CANDO SALGADES...
 A VER POR ONDE OS ATOPADES. 

POR CERTO, LÚA QUERE SABER SE SODES QUEN DE CONTAR CANTAS VECES APARECE O SEU NOME NA ENTRADA DE "ENREDANDO NA COCIÑA".CONTADE😜
A  PROFE  LOLI  ENVÍAVOS
BICOS DE TODAS AS CORES🌈❤️🧡💛💚💙💜
       COMEZAMOS!     
1,2,3:

Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...