luns, 25 de maio de 2020

CROCO QUE?

OLA AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!!
Que tal estades?
😀😀😀 

OS CROCODILOS SON NOTICIA!!
Sabedes que onte pola mañá morreu nun zoolóxico de Moscú, Saturno, un crocodilo
 que tiña 83 años porque era moi velliño??


Se premedes neste enlace podedes ver o vídeo de Saturno 👆

https://www.instagram.com/p/CAhm11xHpAt/?utm_source=ig_web_copy_link




IMOS VER SE TEDES AS PILAS CARGADAS E SODES CAPACES DE RESOLVER ESTA ADIVIÑA:
VIVO NOS GRANDES RÍOS
O MEU PREFERIDO É O NILO
CHÁMOME CROCO
E DE APELIDO DILO.

Pedídelle a un adulto que vos lea a adiviña e despois escribide e debuxade o que pensades que é.

E agora que xa traballastes un pouquiño...
Apetécevos un conto?? 
Seguro que sí...  
😉😉
Aquí vos deixo o conto do CROCODILO AO QUE NON LLE GUSTABA A AUGA.


E A VOS GÚSTAVOS A AUGA??
Despois de falar sobre o conto ... podedes facer o voso crocodilo de plastilina!!!

 
ANIMÁDESVOS??
😉😉😉


 E para rematar, como sei que vos encantan coma min os animais, deixovos este vídeo, para aprender máis cousas do CROCODILO.


Lembrádevos de enviarlle o debuxo e o crocodilo de plastilina á vosa mestra. 
 💜💕💙💕💚💕💛💕
Bicos de fresa para tod@s da profe Marina.
😘😘😘😘😘😘😘 
E VELAQUÍ OS VOSOS CROCODILOS...
QUEDÁRONVOS XENIAL A TOD@S
🤩🤩🤩🤩














Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...