xoves, 21 de maio de 2020

Bicos de cores

OLA CORAZÓNS DE MELÓN!!!
💙💚💛💜💓💜💚💛💙💗

QUE TAL ESTADES?

😉😉😉

A palabra favorita en galego da maioría de vos foi

BICOS

Hoxe imos xogar coas letras de esta palabra, de tal xeito que, tedes que escribir palabras que empecen por cada unha das súas letras. 

VELAQUÍ TEDES AS MIÑAS PALABRAS

AGORA É O VOSO TURNO!!
AGARDO AS VOSAS PALABRAS!!
😉😉😉

XA QUE NESTES DÍAS, ESTAMOS TRABALLANDO AS CORES E GÚSTANNOS MOITO OS BICOS...
"DE QUE COR É UN BICO?"




Gustouvos o conto??
E para ti...  de que cor é un bico?

 
Propóñovos que coa axuda dun adulto fagades un complemento caseiro para un "photocall".
  Primeiro hai que debuxar nunha cartolina uns beizos coma estes...
Agora tedes que colorear os beizos da cor ou das cores que pensades que son os vosos bicos.

 O seguinte paso e coller as tesoiras, que eu sei que vos encantan, e recortalos con moito coidadiño.
Unha vez recortados lle poñemos un pauciño de brocheta ou unha palliña. Así...

E agora a sacar a foto!!!
PATACA!!! 😀😀😀😀😀
Envíademe as vosas palabras e a vosa foto divertida, estou desexando velas...
😍😍😍😍 
E para despedirme deixovos esta  canción incluída no libro-disco-DVD 'Bicos de música' de Mamá Cabra.
Así que xa sabedes a bailarrrrrrr meus parruliñ@s!!!

Bicos de todas as cores da profe Marina.
E VELAQUÍ OS VOSOS TRABALLIÑOS...
PARABÉNS!!










Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...