xoves, 21 de maio de 2020

BINOMIO FANTÁSTICO

BOS DÍAS AMIGUIÑAS E AMIGUIÑOS!!
HOXE IMOS A XOGAR UN POUCO COAS PALABRAS E DEIXAR VOAR A NOSA IMAXINACIÓN! NO COLE GUSTÁBANOS MOITO FALAR, CONTAR HISTORIAS, INVENTAR CONTOS, FANTASEAR... PASÁBAMOLO XENIAL!!

NA ACTIVIDADE DE HOXE IMOS A EMPREGAR UNHA TÉCNICA MOI CHULA DE GIANNI RODARI, DA SÚA OBRA "GRAMÁTICA DE LA FANTASÍA" NA QUE RECOLLÍA DIFERENTES TÉCNICAS PARA INVENTAR E CREAR HISTORIAS.



CHÁMASE "O BINOMIO FANTÁSTICO", E CONSISTE EN ELEXIR DÚAS PALABRAS AO AZAR QUE NON TEÑAN NADA QUE VER ENTRE ELAS E INVENTARSE UNHA HISTORIA. INTERESANTE VERDADE?

PODEDES INVENTALAS, ABRIR UN CONTO E COS OLLOS PECHADOS SINALAR DÚAS PALABRAS AO AZAR A VER CALES VOS TOCAN, PEDIRLLE ÁS VOSAS FAMILIAS QUE VOS DIGAN DÚAS PALABRAS, ASOMARVOS POLA VENTÁ E OBSERVAR OS CARTELIÑOS DA RÚA E ELEXIR DÚAS PALABRAS QUE VOS GUSTEN... HAI MOITÍSIMAS FORMAS!!

COMO HOXE É A PRIMEIRA VEZ QUE EMPREGAREMOS ESTA TÉCNIA , DÉIXOVOS UNHA IMAXE NA QUE IDES ATOPAR DIFERENTES PALABRAS:
NO LADO DEREITO: MEDIOS DE TRANSPORTE.
NO LADO ESQUERDO: NOMES DE ANIMAIS.


O QUE TEDES QUE FACER É ELEXIR UN ANIMAL E UN MEDIO DE TRANSPORTE, E INVENTARVOS CON ELES O TÍTULO DUN CONTO. 
DESPOIS ESCRIBÍDELO NUN FOLIO E DEBUXADES A SÚA PORTADA, E SE QUEREDES PODEDES INVENTARVOS O CONTO E CONTARLLO ÁS VOSAS FAMILIAS! 
SE VOS ANIMADES PODEDES ENVIARME UN VÍDEO PARA QUE O ESCOITEMOS TODAS E TODOS E COLGALO NO BLOG!!

SE QUEREDES ESCOLLER OUTRAS DÚAS PALABRAS QUE SE VOS OCORRAN, TAMÉN PODEDES! 

CREADE OS VOSOS TÍTULOS DE CONTOS E AS VOSAS PORTADAS E ENVIÁDEME AS FOTOS!! A VER QUE TÍTULOS CHULOS VOS SAEN!

           ESTOU SEGURA DE QUE SERÁN XENIAIS!!


BIQUIÑOS XIGANTES MEUS AMORES!💗💙💜💖
A PROFE SAMAI. 


E XA COMEZAN A CHEGAR AS VOSAS HISTORIAS!!! ENCÁNTANME!!! 😍😍









Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...