xoves, 14 de maio de 2020

AS LETRAS PERDIDAS

BOS DÍAS!! COMO ESTADES??

HOXE TEDES QUE AXUDARME A BUSCAR UNHAS CONSOANTES QUE SE CAERON AO MAR E ESTÁN NADANDO ENTRE ESTOS FERMOSOS PEIXIÑOS DE CORES.
OBSERVADE CON ATENCIÓN!! CANTAS ATOPADES??


MOI BEN!! FOI SINXELO, NON SI?

AGORA QUE ATOPÁCHEDES TODAS AS LETRAS PERDIDAS, O QUE TEDES QUE FACER É ESCRIBIR UNHA PALABRA QUE COMECE POR CADA UNHA DELAS! 
XA QUE ESTABAN NO FONDO DO MAR, QUE VOS PARECE SE ESCRIBIDES NOMES DE DIFERENTES ANIMAIS MARIÑOS OU COUSIÑAS RELACIONADAS CO MAR??

🐠🐠🐠🐠🐠🐠🐠🐠

COMO VEXO QUE HOXE ESTADES MOI TRABALLADORAS E TRABALLADORES,
CANTOS PEIXIÑOS HAI DE COR MORADA?
E LARANXAS? OBSERVÁDEOS MOOOOI BEN!
SE OBSERVÁCHEDES CON MOITA ATENCIÓN OS LARANXAS, SEGURO QUE ATOPÁCHEDES UN INTRUSO QUE NON DEBERÍA ESTAR NO MAR!! 
QUE ANIMAL É? 
O INTRUSO ESTÁ NADANDO HACIA Á DEREITA OU HACIA Á ESQUERDA?
(PISTA: RECORDADE COMO FACÍAMOS NO COLE QUE A DEREITA É A MAN COA QUE ESCRIBIDES, E A ESQUERDA É A MAN COA QUE ESCRIBE MANU).😉

ANOTADE NUN FOLIO TODA ESTA INFORMACIÓN E ENVIÁDEME AS FOTIÑOS!!
SE A ALGUÉN LLE APETECE PODE FACER UN DEBUXIÑO DO FONDO DO MAR. 
E COMO O FIXÉCHEDES TAAAAN BEN E TRABALLÁCHEDES TANTO, DÉIXOVOS UN VÍDEO QUE SEI QUE VOS VAI ENCANTAR!!



BIQUIÑOS XIGANTES DE TODAS AS CORES!!! 💙💚💚💛💜💗
A PROFE SAMAI.

COMEZAN A CHEGAR OS TRABALLIÑOS!! 👏👏👏💖








Ningún comentario:

Publicar un comentario

LinkWithin

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...