Hola amiguiñas e amiguiños!!
👋👋👋👋
Sabedes que o sábado foi o Día Internacional contra o Acoso Escolar?
Coma xa sabedes, as mestras e os mestres sempre facemos fincapé en que vos levedes ben: xoguedes todas e todos xuntos, non pelexedes, compartades os xoguetes e non vos burledes dos demáis porque todas e todos sabemos que "LEVARSE BEN MOLA".
Aquí vos deixamos unha curtametraxe de Pixar, que se titula "LOU", para que a vexades cos vosos fillos e fillas.
Nela abórdase o tema do bullying dende outra visión. Lou, un monstro de "obxectos perdidos" observa cada día o acoso escolar que sofren moitos nenos e nenas na hora do recreo. Neste corto o protagonista é un neno que á hora do patio, adícase a roubarlles os xoguetes aos outros nenos e nenas. Pero un día, LOU, o monstro dos obxectos perdidos, dalle unha lección...
Despois de ver o corto, conversade cos vosos fillos e fillas sobre o que pasa no mesmo, preguntádelle a súa opinión respecto a este neno, se cren que se porta mal ou ben, por que cren que lle quita as cousas aos outros nenos e nenas, falade con quen xogan eles no patio, a que lles gusta xogar, se os outros nenos e nenas se meten con eles e lles quitan as súas cousas, que fan cando teñen un problema no patio...
Logo, pedídelles que fagan un debuxo deles mesmos xogando no patio do cole cos seus amiguiños e amiguiñas e que escriban os nomes das persoas que aparecen no seu debuxo e o que están a facer.
Agardamos os vosos debuxos!!
😍😍😍
Mandádenolos por email!!
💜💛💚💙💓
Que teñades un bo día!!
Apertas e bicos de fresa para todas e todos!!
💜💛💚💙💓😍😍😍😘😘😘
E VELAQUÍ OS VOSOS DEBUXOS...
COMO MOLAN!
PARABÉNS!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario